Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.277

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (443/1995-05).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Fai saber que no xuízo executivo seguido perante este xulgado co número 443/1995, promovido por Banco Luso Español, representado pola procuradora María Jesús Fernández Rial, contra Fernando Méndez López, sobre reclamación de cantidade de 409.156 pesetas de principal e 500.000 pesetas orzadas para xuros, gastos e custas; e dado que o demandado está en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto cítase a este, co fin de que no termo improrrogable de nove días compareza nestes autos en legal forma, mediante letrado e procurador

e se opoña á execución se lle conviñer, facendo constar que as copias da demanda e documentos están nesta secretaría ó seu dispor e apercibíndoo de que de non comparecer será declarado en rebeldía, seguindo o pleito o seu curso, sen volvelo citar nin facerlle outras notificacións que as que determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento procedeuse ó embargo dos seguintes bens:

1. Parte proporcional do soldo que percibe como empregado da entidade Banco Central Hispanoamericano, S.A., oficina principal de Santiago de Compostela.

2. Vehículo Mercedes Benz 300 D turbo, matrícula C-5538-AX.

E para que así conste e sirva de citación en legal forma ó demandado en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

2701