Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1996 pola que se anuncia o concurso público número 3/1996, procedemento aberto, para a subministración de butacas para o salón de actos da facultade de ciencias da educación (expediente número 1005/1996).

Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para a subministración de butacas para o salón de actos da facultade de ciencias da educación.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coindice en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: dez millóns seiscentas mil pesetas (10.600.000 ptas.).

Garantía provisional: duascentas doce mil pesetas (212.000 ptas.).

A Coruña, 24 de abril de 1996.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José Mª Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

9603344