Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1996 pola que se anuncia o concurso público número 3/1996, procedemento aberto, para a subministración de dous sistemas de cromatografía líquida para a facultade de ciencias (expediente número 1008/1996).

Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para a subministración de dous sistemas de cromatografía líquida para a Facultade de Ciencias.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coindice en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: oito millóns de pesetas (8.000.000 de ptas.).

Garantía provisional: cento sesenta mil pesetas (160.000 ptas.).

A Coruña, 24 de abril de 1996.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José Mª Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

9603349