Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1996 pola que se anuncia o concurso público número 3/1996, procedemento aberto, as obras de protección solar aula de debuxo e biblioteca da E.T.S. de enxeñeiros de camiños, canais e portos (expediente número 3005/1996).

Convócase concurso público, procedemento aberto, polo trámite de urxencia, as obras de protección solar aula de debuxo e biblioteca da E.T.S. de enxeñeiros de camiños, canais e portos.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras por concurso púlbico pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coindice en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: catro millóns cen mil pesetas (4.100.000 ptas.).

Garantía provisional: oitenta e dúas mil pesetas (82.000 ptas.).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: 45 días.

A Coruña, 24 de abril de 1996.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José Mª Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

9603347