Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1995, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun inmoble sito na avenida de Ourense, s/n, de Marín, para sala de vistas do Xulgado número dous de Primeira Instancia e Instrucción de Marín.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista

das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 117/1994, do 4 de marzo,

RESOLVO:

Facer público que, por razóns da urxencia extrema e das peculiaridades do local, se xustifica, logo da fiscalización da intervención delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun inmoble sito na Avda. de Ourense, s/n, de Marín, para situar dependencias do Xulgado número dous de Primeira Instancia e Instrucción de Marín.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1996.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

9603306