Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.233

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a data do sorteo para determina-la composicón dos tribunais que deberán xulga-lo procedemento selectivo de ingreso así como a adquisición de novas especialidades, do corpo de mestres.

O punto 22 da Orde do 11 de marzo de 1996 (DOG do 19) pola que se convocaba procedemento selectivo de ingreso e adquisición de novas especialidades, ó corpo de mestres, establece que os tribunais que xulguen o concurso-oposición estarán integrados por catro vocais, designados por sorteo, entre funcionarios do corpo e especialidade correspondente.

Resultando necesario facer pública a data e a hora na que terá lugar o sorteo público, a Dirección Xeral de Persoal,

RESOLVE:

Primeiro.-O sorteo para determina-los catro vocais e os seus suplentes correspondentes, que xulgarán o concurso-oposición ó corpo de mestres terá lugar entre funcionarios de carreira do corpo e da especialidade correspondente, en situación de ser

vicio activo en centros dependentes desta consellería, con destino definitivo ou provisional na provincia na que se celebra o sorteo, o próximo día 10 de maio de 1996 ás 9 horas nos seguintes lugares:

-C.P. Ramón Otero Pedrayo, polígono de Elviña, 1ª fase (zona Monelos) A Coruña.

-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, r/ Armando Durán, s/n, Lugo.

-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, r/ Concello, nº 13, Ourense.

-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, r/Montero Ríos, s/n, Pontevedra.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1996.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

3303