Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 06 de maio de 1996 Páx. 4.108

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 18 de abril de 1996 pola que se desenvolve o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, no relativo á regulación das condicións e requisitos específicos que deben cumpri-los centros de atención a persoas maiores.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, atribúelle á Administración autonómica competencia para a regulamentación das entidades, servicios e centros, públicos ou privados, que presten servicios sociais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, establecendo as normas nas que se determinen as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

No exercicio desta competencia, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación de centros de servicios sociais. A citada norma estableceu os requisitos xerais que deben cumpri-los centros para a súa creación, apertura e posta en funcionamento, remitindo a unha normativa posterior a fixación das condicións e requisitos específicos que, segundo a súa tipoloxía e área de actuación, deba cumprir cada un deles.

A presente orde ten por obxecto a determinación dos requisitos específicos esixibles ós centros e establecementos que prestan atención ó colectivo de persoas maiores, co fin de garanti-la adecuación das instalacións, a calidade na prestación dos servicios e unha asistencia axeitada ás necesidades e características dos usuarios.

Así mesmo, as condicións arquitectónicas, materiais, de equipamento e de distribución de espacios que se establecen na presente norma pretenden garanti-la seguridade, privacidade, mobilidade e a confianza e desenvolvemento adecuados dos usuarios dos centros, procurando, en todo caso, a súa integración no ámbito social máis próximo, facilitando e posibilitando a súa relación co mundo exterior.

En virtude do exposto e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

É obxecto da presente orde o desenvolvemento do Decreto 243/1995, do 28 de xullo, de autorización e acreditación de centros de servicios sociais, no relativo ós requisitos específicos que deben cumpri-los centros que presten atención ó colectivo de persoas maiores.

Artigo 2º

1. Para os efectos da presente orde terán a consideración de centros de atención ás persoas maiores

todos aqueles equipamentos, establecementos ou instalacións nos que se preste, dun xeito estable e continuado, atención directa a un mínimo de 6 persoas con idade igual ou superior a 65 anos, ou, excepcionalmente, maiores de 60 que pola súa situación persoal ou social precisen destos centros.

2. Son centros de atención os seguintes:

a) Residencias.

b) Vivendas comunitarias.

c) Apartamentos tutelados.

d) Centros de día.

e) Fogares e clubs.

Artigo 3º

1. As entidades prestadoras de servicios sociais que sexan titulares de centros de atención ás persoas maiores no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia estarán obrigadas a solicita-las autorizacións administrativas e os permisos que correspondan de acordo co disposto no capítulo II do Decreto 243/1995, do 28 de xullo.

2. O procedemento para a obtención das autorizacións administrativas para a creación, construcción e modificación substancial dos centros de atención a persoas maiores, así como dos correspondentes permisos de inicio e cesamento de actividades, iniciarase por instancia do titular ou representante legal da entidade da que dependa o centro mediante solicitude, en impreso normalizado segundo os modelos que figuran como anexos III, IV e V, que será presentada ante a Dirección Xeral de Servicios Sociais, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 80/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As solicitudes deberanse presentar acompañadas dos documentos que para cada caso se sinalan nos artigos 15 e 21 do Decreto 243/1995, do 28 de xullo, e tramitaranse conforme o procedemento nel establecido.

Artigo 4º

A competencia para a resolución dos expedientes de autorizacion para a creación, construcción ou modificación substancial dos centros de atención ás persoas maiores, así como os permisos de inicio e cesamento das súas actividades, correspóndelle ó director xeral de Servicios Sociais.

Artigo 5º

A Dirección Xeral de Servicios Sociais, a través da unidade administrativa correspondente e con caracter previo á resolución do expediente, poderá realiza-las inspeccións que estime necesarias co fin de comproba-lo comprimento por parte dos centros de tódolos requisitos, xerais e específicos, esixidos, así como solicita-los informes que considere oportunos.

Artigo 6º

O exercicio da potestade sancionadora respecto ás infraccións que se produzan en relación coas materias reguladas por esta orde, rexerase polo dis

posto na Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, e no Decreto 175/1995, do 16 de xuño, que a desenvolve.

Artigo 7º

1. Tódolos centros que presten atención a persoas maiores deberán leva-los libros de reclamacións e de usuarios, se é o caso, sinalados nos apartados c) e d) do artigo 7.1.2 do Decreto 243/1995, do 28 de xullo.

2. No libro de rexistro de usuarios deberán consta-los seguintes datos: nome e apelidos, data de alta, incidencias, data de baixa e causa.

3. O libro de reclamacións, constituído por follas numeradas segundo o modelo establecido no anexo II da presente orde, será dilixenciado pola Dirección Xeral de Servicios Sociais unha vez concedido o permiso de actividades do centro.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Servicios Sociais para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

REQUISITOS ESPECÍFICOS DOS CENTROS DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES

1. Residencias para persoas maiores.

Terán a consideración de residencias os centros destinados a vivenda permanente e común nos que se presta unha asistencia integral e continuada ás persoas maiores.

Segundo a súa capacidade as residencias clasifícanse en:

-Minirresidencias: de 13 a 59 prazas.

-Residencias: de 60 a 120 prazas.

Grandes centros residenciais: superiores a 120 prazas.

A) Condicións materiais e arquitectónicas:

Tódalas residencias deberán contar coas seguintes áreas diferenciadas.

a) Área de dirección-administración.

b) Área residencial.

c) Área de servicios xerais.

d) Área de atención especializada.

a) Área de dirección-administración.

Comprende os espacios destinados ás funcións de recepción de usuarios, dirección, administración e xestión do centro. Nas súas dependencias custodiaranse os libros de reclamacións e de rexistro de usuarios así como os demais documentos a que se refire o apartado 1.2 do artigo 7 do Decreto 243/1995, do 28 de xullo.

b) Área residencial.

É a área onde o usuario desenvolve a súa vida individual e social. Comprende os espacios destinados a aloxamento, manutención e zonas de convivencia.

Habitacións: os espacios destinados con tal fin deberán:

-Dedicarse exclusivamente a dormitorios.

-Dispor de ventilación e iluminación natural, con fiestras cun mínimo de iluminación dun oitavo e de ventilación dun décimo da súa superficie. As fiestras deberán estar situadas a unha altura que permita a visibilidade en posición de sentado e con suficientes garantías de seguridade.

-Como norma xeral, serán individuais ou dobres, cunha superficie mínima útil, sen computa-lo espacio do cuarto de baño, de 9 ou 12 m, respectivamente.

Excepcionalmente, as habitacións destinadas a persoas afectadas de graves discapacidades poderán ter unha capacidade máxima de 4 prazas, correspondendo un mínimo de 7 m por usuario.

As habitacións de persoas afectadas de demencia terán unha capacidade máxima de 2 prazas e deberán estar situadas nunha zona específica reservada para elas. Non obstante o anterior, por cada 12 destas prazas deberá existir unha habitación individual.

O equipamento mínimo consistirá en: cama de 0,90 m con punto de luz na súa cabeceira; no caso de persoas habitualmente inmobilizadas, a cama deberá ser articulada e estar dotada de colchón antiescaras; mesa de noite, que será móbil para persoas con problemas motores; armario con chave, cun mínimo dun 1 m de capacidade; cadeira de brazos e unha pequena mesa; ademais, tódalas habitacións deberán ter enchufe eléctrico, sistema de iluminación adecuado, e, sempre que non exista sistema de interfonía, deberá dispoñer de timbre de chamada de urxencias co correspondente piloto na parte exterior e con conexión interna coas zonas de control. Sen prexuízo do anterior, cada usuario poderá achega-lo seu propio mobiliario.

Servicios hixiénicos.

Tódolos centros disporán de servicios hixiénicos en número suficiente e adaptados á tipoloxía dos seus usuarios.

Deberán estar situados en cuartos con ventilación directa e suficiente iluminación, contando coas correspondentes axudas en paredes e aparellos.

As portas, que serán corredieras ou de apertura cara ó exterior, terán un dispositivo sinxelo de apertura e peche e un paso libre de 0,90 metros.

O chan será antiesuaradío e de doada limpeza.

As paredes estarán alicatadas ata unha altura de dous metros como mínimo na zona de auga.

1) Zona de dormitorios.

Con independencia de considerar aconsellable que cada habitación dispoña dun servicio hixiénico propio, deberase contar cun mínimo dun servicio por cada 6 prazas. Na medida do posible procurarase que dispoña dun sistema de alarma ou dispositivo

de chamada de urxencia con conexión interna coas zonas de control.

A dotación mínima consistirá en: inodoro e lavabo con billas facilmente prensibles; bañeira accesible ou ducha ó nivel do pavimento sobre base impermeabilizada, dispoñendo de asento fixo, ducha tipo teléfono e un sumidoiro sifónico de gran absorción no chan.

As residencias con máis de 25 prazas deberán contar en todo caso cun baño xeriátrico que permita a manobrabilidade dunha cadeira de rodas. Esta dotación básica deberase incrementar nunha unidade máis por cada 40 prazas asistidas ou, no seu defecto, pola colocación de paneis de toma e desagüamento de auga que permitan a utilización de carro de ducha hidráulico nas propias habitacións.

2) Zonas de uso común.

A dotación mínima consistirá nun un aseo diferenciado para cada sexo equipado con lavabo e inodoro, incrementándose nun máis por cada 50 prazas ou fracción.

Accesos e corredores.

Os corredores terán unha largura non inferior a 1,60 m e varandas de apoio de forma continua a 0,90 m de altura en ámbolos lados. Non obstante o anterior, en áreas utilizadas por residentes en cadeira de rodas os corredores terán, no posible, unha largura superior a 1,80 m co fín de permiti-lo paso simultáneo de dúas persoas.

Tódalas portas de paso ou acceso de residentes deberán permiti-la circulación dunha cadeira de rodas.

As escaleiras permitirán o paso simultáneo de dúas persoas, dispoñendo de varandas, e ofrecendo unha segura e confortable configuración de chanzo e tabica. Cando para o acceso ó centro ou ás súas distintas dependencias sexa necesario salvar máis dunha planta, deberá contar cun ascensor con capacidade para o transporte dunha padiola.

Os pavimentos das zonas destinadas a residentes serán antiesuaradíos e de doada limpeza.

Salas de convivencia.

Terán unha dimensión non inferior a 30 m. Non obstante, se procurarase unha superficie mínima de 1,80 m, por praza.

Deberán ser exteriores e dispoñer de ventilación natural e suficiente iluminación.

Sempre que as estancias sexan superiores a 80 m deberán existir separacións, ríxidas ou móbiles, que posibiliten distintos ambientes.

Comedor.

Os locais destinados a comedor deberán contar cunha superficie mínima de 30 m, correspondendo polo menos 2 m por usuario. As mesas posibilitarán o seu uso por persoas en cadeira de rodas.

c) Área de servicios xerais.

Comprende os espacios destinados á prestación de servicios comúns tales como cociña, lavandería, eliminación de lixo, mantemento, seguridade e mortuorio.

Cociña.

O servicio de cociña poderá ser propio ou contratado, e deberá cumprir en ámbolos casos os requisitos esixidos na lexislación vixente e, en especial, a regulamentacion técnica sanitaria para comedores colectivos.

En todo caso, deberán ter espacios diferenciados para:

-Almacén de víveres.

-Manipulación e tratamento de alimentos.

-Lavado da menaxe e utensilios de cociña.

Lavandería.

Tódalas residencias contarán con servicio de lavandería, propio ou contratado, que garanta o lavado periódico de lencería e roupa de uso persoal dos residentes.

Se o servicio de lavandería é propio do centro deberá estar illado de toda actividade relacionada coa manipulación de alimentos.

Utilizaranse contedores diferenciados para a roupa limpa e sucia. Esta última transportarase sempre en contedores pechados.

En todo caso, os centros deberán contar cunha capacidade mínima de tratamento propio de lavado de roupa.

Eliminación de lixo.

En tódolos centros deberá existir unha unidade de eliminación de lixo que teña como función o depósito e saída de residuos, cumprindo co previsto nas ordenanzas municipais e no seu defecto co seguinte:

O local será de uso exclusivo para tal fin, cunha superficie mínima de 6 m, e preferentemente con evacuación directa á rúa. En ningún caso a saída de residuos poderá ser realizada a través das áreas residencial e de atención especializada.

O transporte de lixo a través do centro efectuarase sempre en contedores pechados debidamente sinalizados, permanecendo igualmente pechados durante o seu almacenamento provisional na unidade.

Periodicamente deberá efectuarse a desinfección e desparasitación do local.

Mantemento e seguridade.

Ademais de cumpri-los requisitos esixidos na lexislación vixente en materia de seguridade, prestarase especial atención ó mantemento, conservación e reparación, se é o caso, do mobiliario, instalacións e locais, co fin de evita-la súa deterioración, así como do conxunto de máquinas, caldeiras, intalacións ou instrumentos que, se entrañasen algún risco potencial, deberán ser manipulados exclusivamente por instaladores autorizados.

Mortuorio.

Sempre que non exista un tanatorio próximo e de fácil acceso, as residencias cun número de prazas igual ou superior a 60 deberán contar cun espacio destinado a mortuorio, dotado de ventilación ou renovación forzada de aire.

d) Área de atención especializada.

Comprende os espacios destinados a presta-los servicios e tratamentos específicos que requiran os usuarios, así como a desenvolve-los programas propios do centro.

As unidades que integran a área de atención especializada deberán estar dotadas do equipamento necesario para o desenvolvemento das súas funcións.

Atención xeriátrica e enfermería.

Con independencia do sistema de cobertura sanitaria, tódalas residencias disporán dunha área de asistencia xeriátrica e de enfermería que necesariamente deberá contar coas seguintes dependencias debidamente interconectadas:

-Despacho médico, dotado de toma de auga, con espacio suficiente para permiti-lo recoñecemento e a exploración dos residentes.

-Sala de curas, con toma de auga e cunha superficie mínima útil de 6 m. Ata 60 prazas poderá constituír espacio conxunto co despacho médico.

-Zona de enfermería: o centro deberá dispor dunha porcentaxe de camas de enfermería correspondente ó 5% da súa capacidade total, cun máximo de 4 camas por habitación, reservándose alomenos unha habitación individual para situacións que requiran illamento.

A superficie mínima útil por cama será de 7 m.

Terá como mínimo un servicio hixiénico completo, contando cun espacio encastrado reservado exclusivamente para lavado de cuñas.

Rehabilitación.

Os centros residenciais con prazas asistidas deberán contar cun local, suficientemente ventilado e iluminado, destinado á rehabilitación dos residentes.

Este espacio, cunha superficie mínima de 20 m no caso de residencias de menos de 59 prazas, e de 40 m no resto dos centros, deberá situarse próximo ós servicios hixiénicos e sanitarios.

Unidade social.

Tódalas residencias disporán dunha sala polivalente, cunha superficie mínima de 20 m, e próxima a algún servicio hixiénico de uso común. Esta sala destinarase á realización de distintas actividades ocupacionais, culturais, creativas ou participativas.

As residencias de máis de 59 prazas deberán contar cun despacho para a persoa responsable desta unidade, con capacidade suficiente para recibir a pequenos grupos de usuarios. Así mesmo, deberán dispoñer dunha antesala ou recibidor con capacidade como minímo para dúas persoas.

B) Requisitos de persoal.

Todo centro residencial deberá contar coa figura dun responsable.

O persoal será o adecuado en número e especialización para presta-los servicios correspondentes.

A ratio mínima de persoal de atención directa en réxime de xornada completa sera de 0,20 por usuario en módulos destinados á atención de persoas con autonomía e de 0,35 en módulos destinados a persoas dependentes. Para estes efectos entenderase por

atención directa a realizada tanto por persoal xerocultor como sanitario.

Garantirase a vixilancia e coidado da saúde dos residentes por persoal cualificado para esta función. Os centros cun número inferior a 40 prazas asistidas deberán contar coa presencia localizada de médico e ATS ou DUE durante as 24 horas. Aqueles cun número superior de prazas asistidas, ademais da presencia localizada do persoal médico, deberán contar coa presencia física do ATS ou DUE as 24 horas.

Sen prexuízo do anterior deberáselles prestar unha asistencia sanitaria integral a tódolos residentes, a través de prestacións de servicios profesionais propios ou concertados.

2. Vivendas comunitarias.

Son equipamentos de pequeno ou mediano tamaño destinados a albergar en réxime de convivencia cuasi-familiar a un número máximo de 12 persoas maiores, preferentemente cun alto grao de autovalemento.

A) Condicións materiais e arquitectónicas.

Estar situadas en pisos ou vivendas unifamiliares, xa sexa de forma unitaria ou agrupada. tanto no medio urbano como no rural deberán estar integradas nun contorno vivo e próximas ós servicios sociais e sanitarios.

Estar situadas en zonas suficientemente comunicadas ou con fáciles accesos. Así mesmo, é recomendable que existan espacios verdes e paseos próximos.

O seu deseño e construcción deberá procura-la maior similitude posible a un fogar normalizado, escapando de toda concepción institucional.

Contará como mínimo cunha sala de estar que posibilite a convivencia e a integración social. A súa superficie nunca será inferior a 18 m e deberá dispor de iluminación e ventilación natural.

As habitacións serán preferentemente individuais. No obstante, toda vivenda comunitaria contará polo menos cunha habitación para uso dobre. A superficie mínima útil será de 9 m ou 12 m, respectivamente.

O equipamento mínimo por usuario será de cama de 0,90 m, mesa de noite, armario con chave cun mínimo de 0,60 m de largo e 1 m de capacidade, cadeira de brazos, mesa, enchufe eléctrico e sistema de iluminación adecuado. Sen prexuízo do anterior cada usuario poderá achega-lo seu propio mobiliario.

Toda vivenda comunitaria contará como mínimo con dous servicios hixiénicos diferenciados, un para cada sexo. Deberán estar dotados de axudas en paredes e aparellos, así como dun timbre de chamada con conexión ás zonas comunes. O chan será antiesuaradío e de doada limpeza e as portas terán un dispositivo sinxelo de peche e apertura. A dotación mínima consistirá en: lavabo e inodoro, con billas facilmente prensibles e ducha a nivel de pavimento, ou bañera accesible, con ducha tipo teléfono.

Servicios comúns: manutención, lavado de roupa e limpeza de zonas comunes, así como o apoio preciso para a realización das actividades da vida cotiá segundo necesidade.

B) Requisitos de persoal

Este tipo de alternativa convivencial deberá contar como mínimo coa figura dun responsable encargado da coordinación e organización do centro.

No caso de unidades convivenciais nas que se integren persoas dependentes deberase garanti-lo apoio durante as 24 horas.

3. Apartamentos tutelados.

Conxunto de vivendas independentes, agrupadas para a prestación en común de servicios colectivos, e con capacidade para albergar a unha ou a dúas persoas cun alto grao de autovalemento. Este sistema de aloxamento pretende potencia-la autonomía e privacidade dos seus usuarios garantíndolles ó mesmo tempo a seguridade e seguimento periódico da súa situación.

A) Condicións materiais e arquitectónicas.

Trátase de vivendas de tamaño reducido, cunha superficie mínima útil de 25 ou 45 m, segundo se trate de uso individual ou dobre.

O mobiliario básico será confortable, seguro e de fácil mantemento, posibilitándose en todo caso á súa achega polo propio usuario.

A cociña e demais electrodomésticos funcionarán con enerxía eléctrica, e estarán dotados de medidas de seguridade que reduzan ó máximo os posibles riscos dos usuarios.

Contarán cun sistema de chamada de urxencia con conexión interior ó posto de control.

Servicios comúns básicos: seguimento social, servicio de vixilancia e seguridade, limpeza de zonas comúns e zona de lavandería, así como recepción de chamadas de urxencia.

Servicios facultativos: comedor social, atención social e axuda domiciliaria.

B) Requisitos de persoal

Existirá a figura dun responsable-coordinador, e garantirase, ben con medios propios ou concertados, a vixilancia e seguridade durante as 24 horas.

4. Centros de día.

Son equipamentos destinados á atención diurna de persoas maiores con perda da súa autonomía física ou psíquica que, residindo nos seus propios fogares, precisen dunha serie de coidados e atencións de carácter persoal, terapeútico ou social.

A) Condicións materiais e arquitectonicas.

O centro deberá dispoñer dos recursos necesarios para levar a cabo as seguintes prestacións: atención persoal (aseo, hixiene, comida, coidados básicos), rehabilitación menor, terapia ocupacional e animación socio-cultural. As instalacións e equipamentos

deberán posibilita-la cobertura das necesidades específicas dos seus usuarios, adecuándose ás súas características.

O deseño dos locais deberá ter en conta as limitacións sensoriais e funcionais dos seus usuarios, con supresión de todo tipo de barreiras.

As zonas de acceso adecuaranse tanto ó transporte adaptado como ós usuarios en cadeira de rodas.

Os aseos estarán adaptados, cunha dotación mínima de lavabo, inodoro e unha ducha asistida por cada 20 usuarios.

Deberá estar situado preferentemente en planta baixa ou primeira, con fácil acceso ó exterior e con espacios ó aire libre.

Contará cun espacio polivalente, cunha superficie mínima de 2,5 m por usuario, para a realización das distintas actividades individuais ou de grupo.

As características do mobiliario, tanto fixo como móbil, deberán axustarse ás condicións anatómicas e ás discapacidades do usuario.

As portas deberán ser accesibles para usuarios en cadeiras de rodas, con picaporte a adecuada altura e dotadas dun sistema sinxelo de apertura cara ó exterior.

As fiestras deberán estar situadas preferentemente a unha altura que permita a visibilidade en posición de sentados.

As varandas estarán separadas das paredes, con sección e altura adecuada á anatomía dos maiores.

A sala de curas terá unha superficie mínima de 6 m e toma de auga quente e fría.

B) Requisitos de persoal.

O centro deberá contar coa figura dun responsable que poderá ser compartido co da residencia na que, se é o caso, estea integrado.

A ratio de persoal de atención directa en réxime continuado será de 1 por cada 10 usuarios, cun mínimo de dous traballadores, garantíndose ademais, sempre que sexa necesario, a asistencia de: médico, axudante técnico sanitario ou diplomado universitario en enfermería, fisioterapeuta e psicólogo.

5. Fogares e clubs.

Son centros destinados a servir como lugares de encontro nos que se promove fundamentalmente a convivencia dos maiores co obxectivo de desenvolve-la solidariedade e potencia-la integración persoal e comunitaria.

A) Condicións materiais e arquitectónicas.

Os locais ou edificios que alberguen estes centros deberán estar situados preferentemente en planta baixa ou 1ª con fácil acceso ó exterior, gozando de iluminación e ventilación natural.

Deberán contar cunha sala de estar e convivencia. Sempre que esta estancia sexa superior a 80 m

deberán existir separacións, ríxidas ou móbiles, que posibiliten distintos ambientes.

Os aseos, diferenciados para cada sexo, serán adecuados para a súa utilización por persoas con discapacidades funcionais limitadas.

B) Requisitos de persoal.

Estes centros adaptaranse funcionalmente ós distintos programas que se leven a cabo neles, dispoñendo do persoal suficiente coa titulación e experiencia necesaria de acordo co tipo de actividades e o número de usuarios atendidos.

3316