Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 03 de maio de 1996 Páx. 4.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación Rosende número 2.692, nos concellos de Lalín e Silleda, por parte de Canteras de Rosende, S.A.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Canteras de Rosende, S.A., con domicilio en Avda. Buenos Aires, 81, Lalín, presentou nesta delegación provincial o día 14 de novembro de 1994, instancia-solicitude do permiso de investigación Rosende, de 20 cuadrículas mineiras, para recursos de granito ormamental, que se sitúa nos termos municipais de Lalín e Silleda, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2.692 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 1-8º 13' 40''42º 43' 20''
Vértice 2-8º 12' 20''42º 43' 20''
Vértice 3-8º 12' 20''42º 41' 40''
Vértice 4-8º 13' 40''42º 41' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial. Pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 5 de abril de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9603262