Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T., R.B.T. en Lapio, Camposo, Pacios-O Corgo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de
1.180 metros, sobre postes de formigón. Tres centros de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, cada un, sobre postes de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. 95-50-25 cunha lonxitude de 2.250 m, sobre puntos de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Lapio, Camposo e Pacios, no concello do Corgo.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 28 de febreiro 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
3273