Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 03 de maio de 1996 Páx. 4.084

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/177-2. Libro de registro: 4.428 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T., R.B.T. en Marce-Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 993 metros, sobre postes de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V

±2,5% ±5%, tipo intemperie, sobre postes de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-25, cunha lonxitude de 115 metros, para mellora do servicio eléctrico en Marce, no concello de Lugo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 27 de febreiro 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2553