Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T., R.B.T. en Mariz, Lousada, Casanova (Portomarín),
e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, con postes de formigón, cunha lonxitude de 526 metros a L.M.T. ó C.T. de Mariz, 594 metros a L.M.T. ó C.T. de Lousada e 354 metros a L.M.T. ó C.T. de Vigo. Tres centros de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, cada un, sobre postes de formigón. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-95, cunha lonxitude de 300 metros, con postes de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Mariz, Lousada e Casanova, no concello de Portomarín.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 7 de febreiro 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
2552