Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 03 de maio de 1996 Páx. 4.072

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 4630/1996, interposto polo Concello de Cervo.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4630/1996, interposto polo Concello de Cervo contra resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas do 27-12-1995, sobre autorización administrativa previa á transferencia de titularidade da concesión de 30 l/s de auga do río Xunco para o abastecemento de Burela, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas personas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

3011