Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 1996 Páx. 4.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 marzo de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria para adquisición de tubos endotraqueais, tubos de guédel, mandrís, e material dun só uso (expediente 15/96), adquisición de sondas de varios tipos (expediente 16/96) e adquisición de biocontedores de 30 e 60 litros para residuos contaminados (expediente 17/96), para o complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cies de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso:

-Expediente 15/1996.

1. Obxecto: adquisición de tubos endotraqueais, tubos de guédel, mandrís e material dun só uso.

2. Orzamento: 11.850.000 ptas, IVE incluído.

-Expediente 16/96.

1. Obxecto: adquisición de sondas de varios tipos.

2. Orzamento: 13.300.000 ptas. IVE incluído.

-Expediente 17/96.

1 Obxecto: adquisición de biocontedores de 30 e 60 litros para residuos contaminados.

2. Orzamento: 12.700.000 ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: inmediato desde a formalizacion do contrato, con entregas parciais do material adxudicado, segundo as necesidades do centro fixadas polos servicios competentes, ata 31-12-1996.

4. Admisión de variantes: admitiranse como máximo dous variantes por producto. (Expedientes 15 e 16/96). No se admitirán variantes no expediente 17/96.

5. Garantía provisional: 2% de cada unha das partidas as que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracions públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación:

-Expedientes 15/96 e 16/96.

1. Prezo: ata 4 puntos.

2. Calidade: ata 3 puntos.

3. Prazo de execución e entrega: ata 2 puntos.

4. Características técnicas e funcionais: ata 1 punto.

-Expediente 17/96.

1. Prezo: ata 5 puntos.

2. Calidade: ata 3 puntos

3. Prazo de execución e entrega: ata 2 puntos.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono nº (986) 81 60 23 e fax nº (986) 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes

das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Apertura de proposicions: a apertura das proposicions admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do hospital xeral as 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 26 de marzo de 1996.

Juan José Equiza Escudero

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

2607