Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento da VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, o prego de cargos dos correspondentes expedientes administrativos de desafiuzamento que, cos números que se indican, se iniciaron neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficario ou arrendatario, causa prevista no apartado 6º do artigo 30 do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO. Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte á públicación desta cédula para a contestación ó prego ante este Servicio Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por evacuado o trámite seguindo o
seu curso o expediente.
Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de dirección descoñecida, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administraciós públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 12 de abril de 1996.
Teresa Morán Calero
Xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
-Nº de expediente de desafiuzamento: 1/1996.
Adxudicatario: Ángel Díez Morado.
Último domicilio coñecido: Pº de Caranza U.V. 3, bloque 11, torre 1-3º B, Ferrol (C-2-CD/68 Viv. 811).
-Nº de expediente de desafiuzamento: 2/1996.
Adxudicatario: Rafael Osorio Moledo.
Último domicilio coñecido: Pº de Caranza U.V. 3, bloque 12, torre 2-7º A, Ferrol (C-2-CD/68 Viv. 881).
-Nº de expediente de desafiuzamento: 3/1996.
Adxudicatario: Luciano Rodríguez Redondo.
Último domicilio coñecido: Pº de Caranza U.V. 2, torre 9-7º D, Ferrol (C-2-CD/68 Viv. 692).
-Nº de expediente de desafiuzamento: 4/1996.
Adxudicatario: Carlos Calvo Romero.
Último domicilio coñecido: Pº de Esteiro, bloque 1, portal 2-4º B, Ferrol (C-81/050 Viv. 30).
-Nº de expediente de desafiuzamento: 5/1996.
Adxudicatario: Salvador Fernández Pouso.
Último domicilio coñecido: Pº de Caranza U.V. 5, bloque 21, portal 1, baixo Esqda., Ferrol (C-2-CD/68 Viv. 1609).
-Nº de expediente de desafiuzamento: 6/1996.
Adxudicatario: José Galán Casado.
Último domicilio coñecido: Pº de Caranza U.V. 5, bloque 28-1º A, Ferrol (C-2-CD/68 Viv. 1855).
2926