Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 1996 Páx. 4.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/19-2. Libro de rexistro: 4.492 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a infor

mación pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, 27000 Lugo.

Denominación: reelectrificación de la parroquia de Torible.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 m Al, cunha lonxitude de 1.410 m, sobre postes de formigón ou torres metálicas. Dous centros de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, cada un, sobre apoios metálicos, en Torible de Abaixo e Locai. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-50, cunha lonxitude de 1.300 metros, sobre postes de formigón, para mellora do servicio eléctrico na parroquia de Torible, no concello de Lugo.

Orzamento: 14.496.925 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 19 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9602759