Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 1996 Páx. 4.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 29/1-2. Libro de rexistro: 4.478 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, 27000 Lugo.

Denominación: reelectrificación da Pastoriza 2ª fase.

Situación: A Pastoriza.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 4.380 metros con conductor LA-56 de 55 mm Al, sobre torres metálicas. Doce centros de transformación de 50 ou 100 kVA 20.000/380-220 V, sobre unha torre metálica ó remate da L.M.T. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-90-50-25, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Fontao, Anllo, Carballal, Seselle, Ferreira, Bucerrei, Paleira, Arbilleira, Fonte, Ponte e Freixide, na Pastoriza.

Orzamento: 71.540.065 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 13 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9602757