Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 1996 Páx. 3.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se publican as adxudicacións dos contratos da obra de acondicionamento da piscina e pista polideportiva no Concello de Esgos (Ourense) e catro máis.

Para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta secretaría acordou darlles publicidade ás adxudicacións de contratos de obras que se identifican a seguir.

1.-Resolución de licitación do 13 de febreiro de 1996 (DOG número 38, do 22 de febreiro) levada a cabo mediante procedemento aberto e forma de adxudicación do concurso público con tramitación urxente.

1.1.-Obra obxecto de contrato: acondicionamento da piscina e pista polideportiva en Esgos (Ourense).

-Adxudicatario: Antonio Varela Villamor, S.L.

-Orzamento de adxudicación: 20.819.301 ptas.

-Prazo de execución: tres meses.

1.2.-Obra obxecto de contrato: piscinas públicas en Padrenda (Ourense).

-Adxudicatario: Extraco, S.A.

-Orzamento de adxudicación: 41.407.000 ptas.

-Prazo de execución: tres meses e medio.

1.3.-Obra obxecto do contrato: instalacións deportivas no Carballiño (Ourense).

-Adxudicatario: Construcciones Orega, S.L.

-Orzamento de adxudicación: 23.313.284 ptas.

-Prazo de execución: cinco meses.

1.4.-Obra obxecto do contrato: acondicionamento de edificios centrais no complexo deportivo de Monterrei, Pereiro de Aguiar (Ourense).

-Adxudicatario: A. y R Gómez Crespo, S.L.

-Orzamento de adxudicación: 14.267.617 ptas.

-Prazo de execución: tres meses.

1.5.-Obra obxecto do contrato: piscinas públicas en Arbo (Pontevedra).

-Adxudicatario: Damaso José, S.L.

-Orzamento de adxudicación: 38.543.700 ptas.

-Prazo de execución: catro meses.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1996.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

2988