Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 1996 Páx. 3.994

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 26 de abril de 1996 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Por Orde do 21 de marzo de 1996 (DOG nº 65, do 1 de abril), anunciouse a convocatoria pública para a provisión dunha praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes e cumpridos os trámites previstos no Decreto 178/1994, do 16 de xuño, polo que se desenvolve a estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, esta consellería, en uso das facultades que na dita norma se lle outorgan,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, anunciada por Orde do 21 de marzo de 1996 (DOG nº 65, do 1 de abril de 1996).

Segundo.-Adxudicarlle destino, na praza que se indica, á persoa seleccionada no anexo desta orde.

Terceiro.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º de la Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Praza: director de Recursos Humanos e Relacións Laborais.

Nome e apelidos: Miguel Ángel Jiménez Domínguez.

DNI: 4.121.451

Titulación: titulación superior.

95-2811