Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 1996 Páx. 3.989

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996 pola que se convocan cursos de informática de xestión municipal para persoal da Administración local.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1996, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos de informática que figuran no anexo, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nos cursos programados deberán solicitalo no modelo oficial de solicitude que figura ó final da convocatoria cuberta en tódolos epígrafes, e na que se farán constar, en todo caso, os seguintes datos:

a) Descrición do posto de traballo que desempeña na actualidade.

b) Xustificación do cumprimento do requisito esixido na base 2 do anexo da convocatoria dos respectivos cursos.

c) Conformidade da entidade na que presta servicios. Cando solicite máis dun interesado da mesma corporación, deberase especifica-la orde de preferencia.

2. A falsidade ou ocultación de datos será motivo de exclusión automática.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias finaliza, segundo a localidade, 15 días antes do comezo de cada curso que figura no anexo.

Terceira.-Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública e presentaranse no rexistro da EGAP, polígono das Fontiñas s/n, 15703 Santiago de Compostela, ou por calquera das outras formas previstas no Art. 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Seguidamente efectuarase a selección dos participantes notificándoselle-la admisión directamente ós interesados.

Cuarta.-Requisitos dos participantes.

Con independencia das condicións establecidas de modo concreto para cada un dos cursos, os solicitantes deberán ser funcionarios de Administración local ou persoal laboral asimilado que preste servicios dentro da área obxecto do correspondente curso.

Quinta.-Selección.

Os criterios de selección, dirixidos a concilia-las necesidades da organización na que prestan servicios os aspirantes e os intereses individuais destes, terán en conta a maior relación do posto de traballo desempeñado co contido do curso, sempre e cando se cumpran os requisitos esixidos na base cuarta da convocatoria e os específicos de cada curso. Terán preferencia aqueles que non realizasen outro curso de similares características ós convocados e os que solicitándoos en anos anteriores non obtiveran praza, debendo formular de tódolos xeitos unha nova solicitude.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 12 de abril de 1991 da EGAP, pola que se fan públicos os criterios xerais de selección dos asistentes ás súas actividades, e na do 27 de xuño de 1994, pola que se precisan os criterios de selección para participar nas súas actividades.

Sexta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso cando a súa inasistencia non sexa igual ou superior ó 15% das horas lectivas programadas. A superación deste límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado e dará lugar á baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

CURSOS DE INFORMÁTICA DE XESTIÓN MUNICIPAL

Curso: básico de informática.

1. Obxectivos.

Iniciarse na mecanización e coñece-lo manexo corrector do sistema operativo DOS, así como a introducción no contorno gráfico WINDOWS.

2. Destinatarios.

Tódolos grupos de titulación, especialmente C e D, de corporacións con mecanización informática.

3. Desenvolvemento do curso.

O curso desenvolverase de luns a xoves conforme o calendario seguinte:

LugaresComezoRemateHorarioPeriodicidade

A Coruña 3-6-199613-6-199617 a 20de luns a xoves
Santiago de

Compostela

3-6-199613-6-199617 a 20de luns a xoves
Lugo 3-6-199613-6-199617 a 20de luns a xoves
Ourense 3-6-199613-6-199617 a 20de luns a xoves
Pontevedra 3-6-199613-6-199617 a 20de luns a xoves
Vigo20-5-199630-5-199617 a 20de luns a xoves
Ferrol 3-6-199613-6-199617 a 20de luns a xoves

Duración: 24 horas.

Nº prazas: 15.

4. Contido.

Introducción á informática. Definición de sistema operativo. Contorno MS-DOS. Contorno WINDOWS: as súas características esenciais. Manexo e práctica dos diversos elementos que os configuran.

Curso: procesador de textos: Word para Windows.

1. Obxectivos.

Coñece-las posibilidades que ofrece este procesador para a confección de todo tipo de documentos.

2. Destinatarios.

Tódolos grupos de titulación, especialmente C e D de corporacións con mecanización informática.

3. Desenvolvemento do curso.

O curso desenvolverase de luns a venres, conforme o calendario seguinte:

LugaresComezoRemateHorarioPeriodicidade

A Coruña17-6-199628-6-199617 a 20de luns a venres

Santiago de

Compostela

17-6-199628-6-199617 a 20de luns a venres
Lugo17-6-199628-6-199617 a 20de luns a venres
Ourense17-6-199628-6-199617 a 20de luns a venres

Pontevedra17-6-199628-6-199617 a 20de luns a venres
Vigo 3-6-199614-6-199617 a 20de luns a venres
Ferrol17-6-199627-6-199617 a 20de luns a venres

Duración: 30 horas.

Nº prazas: 15.

4. Contido.

O procesador de textos Word. Utilidades de edición. Ferramentas de deseño, táboas, esquemas, diagramas de bloques e debuxo. Fusión con bases de datos, mailings, etiquetas.

3154