Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 1996 Páx. 3.987

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública a instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 95/333 A.T.).

Visto o escrito presentado por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con data 26-9-1995 no que solicita a autorización administrativa e declaración de utilidade pública para a obra denominada L.A.T. de 66 kV entre a subestación de Lourizán e a subestación de Sanxenxo, con percorrido polos concellos

de Pontevedra, Poio, Meaño e Sanxenxo, para o que presenta o anteproxecto.

Resultando que, efectuada a información pública que sinala o Decreto 2617/1966, se presentaron por parte de Marisol Sartal Casas, en escrito do 18-12-1995, por tanto en tempo e forma, alegacións no sentido de que a Constitución e a LOSEN impiden a imposición de servidume se a liña de alta tensión pode instalarse por terreos de dominio público ou lindeiros de predios como é o seu caso. Igualmente que en liñas de primeira e segunda categoría se evitará o tendido por solo urbano segundo o PXOU Que hai riscos de cancro de acordo con diversas publicacións, o que se evita con liñas subterráneas, e que considera que o trazado pode ser máis recto co que se evitaría o paso polo seu predio.

Resultando que despois de dar traslado das alegacións á empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., esta contesta indicando que o trazado da liña non afecta a ningunha das prohibicións que establece o Art. 25 do Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa, nin é aplicable o 26 por non darse conxuntamente as condicións necesarias, e que, cumpríndose as normas vixentes actualmente sobre esta materia, debe desestimarse a petición de Marisol Sartal Casas.

Considerando que na tramitación da autorización se cumpriron os requisitos que sinala o Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas.

Considerando que as alegacións presentadas por Marisol Sartal Casas baseándose en que a variación se debe aprobar se se cumpren as condicións técnicas necesarias, e que estas se indican no Decreto 2619/1966, que establece os límites en canto a lonxitude, altura e custo da citada variación para que se poida considerar, e, neste caso, excédense os citados límites, e que na aplicación do PXOU deberá ser solicitado, no caso de que afecta á liña, polo concello na fase posterior da tramitación, non se pode acceder ó solicitado.

Considerando que a liña solicitada é necesaria para asegura-la subministración á área de Sanxenxo, O Grove, Meaño, etc, mediante unha segunda alimentación á subestación de Vilalonga, e á futura de Sanxenxo.

Visto o Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966 sobre expropiación forzosa, o Decreto 3151/1968 que aproba o Regulamento de liñas aéreas de alta tensión, o Real decreto 1634/1980 sobre transferencias de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria.

Esta delegación provincial,

RESOLVEU:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Liña de alta tensión aéreo-subterránea, a 66 kV, sendo o tramo aéreo de 12.970 m de lonxitude, con

conductor tipo LA-180, sobre apoios de formigón e metálicos, e o tramo subterráneo de 1.780 m de lonxitude con conductor tipo R.H.V.

Declarar a utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio, mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Pontevedra, 9 de abril de 1966.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9603014