Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 1996 Páx. 3.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-247).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 14 de marzo do 1996, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle redactado para a ordenación de volumes no ámbito das vivendas unifamiliares dentro do S.U.N.P. A-28 As Vacarizas, en Montrove-Liáns.

Acordouse, así mesmo, proceder a exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que se contará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podénse face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 9 de abril de 1996.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente

3034