Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 1996 Páx. 3.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publica a adxudicación definitiva do contrato da obra: edificio para aulas especiais na Escola Politécnica de Enxeñeiros de Ferrol.

Para os efectos previstos no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría acordou dar publicidade á adxudicación do contrato de redacción do proxecto que se relaciona.

Edificio para aulas especiais na Escola Politécnica de Enxeñeiros de Ferrol.

Resolución do 20-2-1996.

Sistema de adxudicación: concurso de procedemento aberto.

Importe: 95.316.004 ptas.

Adxudicatario: Imasa, S.A.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1996.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

96-3123