Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Sábado, 27 de abril de 1996 Páx. 3.946

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 24 de abril de 1996 pola que se determinan os servicios mínimos durante a folga convocada para os días 27 e 28 de abril nos centros de traballo da Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa), nas Pontes de García Rodríguez.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece o dereito de folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses, a pesar de que limite o seru exercicio para garanti-lo mantemento dos servicios esenciais da comunidade. O Decreto 155/1988, do 9 de xuño, no seu artigo 3, faculta o conselleiro competente por razón dos servicios esenciais afectados de que, mediante orde, e ante unha situación de folga, decida o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento dos servicios, así como para determina-lo persoal preciso para a súa prestación.

Por esta razón, cómpre a determinación de servicios mínimos ó ter carácter esencial os de abastecemento e mantemento de bens de utilidade pública, tal como recoñece o propio Decreto 155/1988, do 9 de xuño, da Xunta de Galicia, e, convocada a folga para os días 27 e 28 de abril no centro de traballo de Endesa nas Pontes de García Rodríguez, esta consellería, oído o comité de folga, e en virtude das competencias que lle atribúe o mencionado decreto e demais disposicións de aplicación,

DISPÓN:

Artigo 1º

Os servicios mínimos de persoal mentres dure a folga anunciada para os días 27 e 28 de abril do presente ano no centro industrial de Endesa, nas Pontes de García Rodríguez, serán os seguintes.

Producción

Postos de

traballo

Denominación

do posto

Nº persoas/día

1Operador subestación tesouro3

Obras

Postos de

traballo

Denominación

do posto

Nº persoas/día

1Subxefe servicios obras e bombeo3
1Encargado de bombeo3
3Bombeiros9

No caso de que na mañá do día 26 de abril de 1996 existan no parque de carbón da central térmica

menos de 120.000 tm de mestura, os servicios mínimos para o día 27 serán os seguintes:

Producción

Postos de

traballo

Denominación

do posto

Nº persoas/día

1Xefe de quenda área3
4Técnicos de terceira12
6Operadores Esc. e amoreadora18
2Maquinista parque regulación6
7Axudantes Esc. e amoreadora21
1Operador control móbil3
1Axudante control móbil3
4Vixiantes de cintas12
2Maquinistas de bulldozer6
1Subxefe de servicio C. control3
1Operador centro de control3
1Operador subestación tesouro3
1Operador cabeza desprazable3

Obras

Postos de

traballo

Denominación

do posto

Nº persoas/día

1Subxefe servicios obras e bombeo3
1Encargado de bombeo3
3Bombeiros9

Mantemento eléctrico

Postos de

traballo

Denominación

do posto

Nº persoas/día

1Subxefe servicio en máquinas3
1Xefe equipo en máquinas3
2Oficiais en máquinas6
1Subx. Svc. ou xefe equipo en cintas3
1Oficial en cintas3
1Subxefe servicio electrónica3
1Oficial electrónica3

Mantemento mecánico

Postos de

traballo

Denominación

do posto

Nº persoas/día

1Subx. Svco. ou xefe equipo en retén

3
4Oficiais en retén12
1Subx. Svco. ou xefe equipo vulcanizado

3
2Oficiais vulcanizado6

Almacén mina

Postos de

traballo

Denominación

do posto

Nº persoas/día

1Almaceneiro3

Maquinaria e equipos

Postos de

traballo

Denominación

do posto

Nº persoas/día

1Encargado de transportes3
3Conductores vehículos9

Artigo 2º

O incumprimento desta obriga de mante-los servicios mínimos fixados na presente orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable.

Artigo 3º

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

2857