Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 26 de abril de 1996 Páx. 3.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO sobre modificación puntual das normas subsidiarias municipais, aprobación inicial.

A Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 25 de marzo de 1996, acordou con quórum legal, aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias municipais, do sector 11, relativo a terreos nas que se situará o centro educativo, segundo proxecto redactado polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos.

A dita aprobación, co seu expediente, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP, ou no Diario Oficial de Galicia. Publicarase así mesmo no Voz de Galicia. Durante o devandito prazo poderá examinarse na secretaría municipal e presentarse as alegacións ou reclamacións que se consideren procedentes.

O que se fai público de conformidade o establecido na lexislación urbanística vixente.

Melide, 26 de marzo de 1996.

El alcalde

Rubricado

3131