Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 26 de abril de 1996 Páx. 3.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1996 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das obras que se citan (claves OH.215.373 e tres máis).

A) Obra.

1. Captación no río Lambre do abastecemento de augas a Miño (A Coruña).

Clave: OH.215.373.

Orzamento: setenta e un millóns novecentas corenta e tres mil oitocentas sete pesetas (71.943.807).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 1.438.876 ptas.

2. Instalación do sistema de cloración na rede de Bergondo (A Coruña).

Clave: OH.215.375.

Orzamento: once millóns seiscentas trinta e seis mil cincocentas noventa e seis pesetas (11.636.596).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Fianza provisional: 232.732 ptas.

3. Abastecemento e saneamento de Untes, terminación (concello de Ourense).

Clave: OH.532.286.

Orzamento: cincuenta e seis millóns seiscentas trinta e oito mil duascentas sesenta e unha pesetas (56.638.261).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 1.132.765 ptas.

4. Rede de abastecemento Alto do Casal a Corvillon e outros núcleos (A Merca-Ourense).

Clave: OH.232.287.

Orzamento: setenta e cinco millóns cincocentas cincuenta e unha mil trescentas cinco pesetas (75.551.305).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 1.511.052 ptas.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions realizaraa a mesa de contratación ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

3133