Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1996 pola que se anuncia a contratación das obras de dotación de servicios de abastecemento de auga e saneamento no lugar da Cañota-Meirás.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP anúnciase concurso por procedemento aberto, para adxudica-las obras de dotación de servicios de abas

tecemento de auga e saneamento no lugar da Cañota-Meirás, conforme o seguinte contido:

Obxecto do contrato: son obxecto do contrato as obras de dotación de servicios de abastecemento de auga e saneamento no lugar da Cañota-Meirás.

Duración do contrato: seis meses.

Tipo de licitación: 23.487.650 ptas.

Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento do actual exercicio.

Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles na secretaría do concello.

Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación.

Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, a licitación suspenderase en caso de impugnación.

Garantía definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

Presentación de proposicións: durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación.

Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para presentación de proposicións.

Modelo de proposición: é o recollido no anexo II do prego de condicións.

Sada, 26 de marzo de 1996.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

9602500