Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA

ANUNCIO.

Faise constar, para xeral coñecemento, que no BOP nº 69, do 22 de marzo de 1996, se publican as bases que rexerán o concurso-oposición para a praza de auxiliar administrativo de Administración xeral do Concello de Chandrexa de Queixa, aprobadas polo Pleno en sesión do 29 de febreiro de 1996.

A oferta de emprego público foi publicada no BOE nº 62, do 12 de marzo de 1996.

Chandrexa de Queixa, 26 de marzo de 1996.

Francisco Rodríguez Rodríguez

Alcalde

3083