Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a concesión da explotación do servicio de librería universitaria que se cita.

Entidade adxudicadora:

Organismo: Universidade de Vigo.

Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Número de expediente: 203/1996.

Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: concesión dun local para explotación dunha librería universitaria nun local do edificio de fundición.

Lugar de execución: edificio fundición en Lagoas, Marcosende (Vigo).

Prazo de execución: dous anos e segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

O adxudicatario asume os gastos de reforma e acondicionamento do local.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

Canon de explotación: importe total anual: 120.000 ptas.

Garantías:

Provisional: 20.000 ptas.

Definitiva: 250.000 ptas.

Obtención de documentación e información:

Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Domicilio: r/ Oporto, nº 1, 2ª planta.

Localidade e código postal: Vigo, 36201.

Teléfono: (986) 81 35 51.

Telefax: (986) 81 35 54.

Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

Requisitos específicos do contratista:

Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación das ofertas:

Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

Domicilio: r/ Oporto, nº 1, planta baixa.

Localidade e código postal: Vigo, 36201.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura de ofertas:

Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

Domicilio: r/ Oporto, nº 1, 1ª planta.

Localidade: Vigo, 36201.

Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

Hora: 13 horas.

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 16 de abril de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

2608