Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a adxudicación da subministración de mobiliario para o edificio anexo ó rectorado.

Entidade adxudicadora:

Organismo: Universidade de Vigo.

Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Número de expediente: 14/1996.

Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: mobiliario para o edificio anexo ó rectorado, sito rúa Areal, 50, Vigo.

Número de unidades que se van entregar: as especificadas no prego de cláusulas.

División por lotes e número:

Lote 1. Equipamento Consello Social.

Lote 2. Equipamento locais de oficinas.

Lugar de entrega: edificio anexo ó Rectorado, rúa Areal, 50, Vigo.

Prazo de execución: trinta días naturais.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

Orzamento base de licitación: importe total dos lotes: 8.975.000 ptas.

Garantías:

Provisional: 2% importe de licitación de cada lote.

Definitiva: 4% importe de licitación de cada lote.

Obtención de documentación e información:

Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Domicilio: r/ Oporto, nº 1, 2ª planta.

Localidade e código postal: Vigo, 36201.

Teléfono: (986) 81 35 51.

Telefax: (986) 81 35 54.

Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

Presentación das ofertas:

Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vito.

Domicilio: r/ Oporto, nº 1, planta baixa.

Localidade e código postal: Vigo, 36201.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura de ofertas:

Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

Domicilio: r/ Oporto, nº 1, 1ª planta.

Localidade: Vigo, 36201.

Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

Hora: 13 horas.

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 12 de abril de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

3047