Obxecto: contrato de asistencia técnica para a elaboración do modelo básico do Plan de Servicios Sociais de Atención Primaria, así como a aportación da documentación de apoio.
Orzamento máximo: 5.800.000 ptas. (IVE incluído).
Prazo de execución: de maio a outubro de 1996.
Garantía provisional: 116.000 ptas.
Clasificación requerida: non se esixe.
Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse no Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.
Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural
contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.
Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais ás 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas.
Variantes: non se admiten.
Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 1996.
P.D. (Orde 7-5-1994)
Manuel Aguilar López
Director xeral de Servicios Sociais
3082