Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.877

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1996 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán concurso da praza 41/1995 de profesorado desta universidade convocada por Resolución do 31 de xullo de 1995.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado

polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo consello de universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que han resolve-los concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocadas por resolución da Universidade de Vigo do 31 de xullo de 1995 (BOE do 22 de agosto) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, contados a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 8 de abril de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Praza de: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: psicoloxía evolutiva e da educación.

Praza número: 41/1995.

Comisión titular:

Presidente: Agustín Dosil Maceira, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Manuel Deaño Deaño, catedrático de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Vocais:

José Luis Vega Vega, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Ángel Latorre Latorre, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valencia.

José Cristino Garrido, catedrático de escola universitaria. Universidade de Granada.

Comisión suplente:

Presidenta: Ramona Rubio Herrrera, catedrática de universidade. Universidade de Granada.

Vocal secretario: Francisco González Calleja, catedrático de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

Vocais:

Estanislao Pastor Mallol, catedrático de universidade. Universidade Rovira I Virgili.

Rufino González Blanco, catedrático de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

Iñaki Aizpurua Zufiria, catedrático de escola universitaria. Universidade do País Vasco.

95-2892