Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a subministración de 19 vehículos todoterreo para uso das policías locais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaria xeral.

c) Número do expediente: 96/13/701.

2. Obxeto do contrato.

a) Descrición do obxeto: subministración de vehículos todoterreo para uso das policías locais.

b) Número de unidades para entregar: dezanove (19).

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: Santiago de Compostela.

e) Prazo de entrega: un (1) mes contado desde a data que sinale a Administración contratante.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 50.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisoria: 1.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: (981) 54 46 42/54 45 17.

e) Telefax: (981) 54 46 96.

f) Data límite para obtención de documentos e información: 3 de xuño de 1996.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: 14 horas do 3 de xuño de 1996.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

* Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior y Relacións Laborais.

* Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº5, 3ª planta

* Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 10 de xuño de 1996.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 12 de abril de 1996.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1996.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

2769