A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Antonio Bouso
Alonso, con enderezo na Veiga, 3, 27744 Riotorto, presentou nesta delegación provincial o día 14 de marzo de 1994, instancia-solicitude do permiso de investigación Fina de 2 cuadrículas mineiras para recursos de lousa, que se sitúa no concello de Mondoñedo, da provincia de Lugo, á que lle correspondeu o número 5871 da provincia de Lugo.
A designación do terreo é a seguinte:
Vértice Lonxitude Latitude
1 -7º 18' 40'' 43º 23' 40'' 2 -7º 18' 40'' 43º 23' 20'' 3 -7º 19' 20'' 43º 23' 20'' 4 -7º 19' 20'' 43º 23' 40''
A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.
O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.
Lugo, 13 de marzo de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9602894