Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de liña de M.T. ó C.T. de Cadrelo, no concello de Marín, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente número 86/1991 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co nº 6 do artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, faise saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia do que a súa urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 99/1996, do 29 de febreiro (DOG nº 52, do 21 de maio), que o

día 21-5-1996, a partir das 11 horas dará comezo o levantamento sobre o terreo o representante da Administración das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados no concello de Marín, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan, previndo os distos interesados que na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles efectuará, coa debida anticipación legal o día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndoos tamén, que nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, pola súa conta, se así o estimasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

Vigo, 8 de abril de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 86/1991 A.T.Provincia: Pontevedra

Liña: M.T. a C.T. de CadreloConcello: Marín

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

2RegatosLaborJosé Allariz PiñeiroPereiriña, 27

San Tomé de Piñeiro

36915 Marín

25200

7CadreloLaborJosé Pidre CalvarPereiriña, 36

San Tomé de Piñeiro

36915 Marín

2135350

14FerrameladoLaborFrancisco Loira CidrasCadrelo-San Tomé de Piñeiro

36915 Marín

27

21CarreiroLaborAndrés Gesteiro AreaArealonga-Marín de Arriba

36915 Marín

1060

22CeboleiraLaborEdelmira Piñeiro GonzálezO Pereiro-San Tomé de Piñeiro

36915 Marín

30300

24PeligraLaborMaría del Río PequeñoO Pereiro-San Tomé de Piñeiro

36915 Marín

4260600

25NogueiraLaborVictoria de la Torre Carballalr/ Busto de Arriba, 26

3600 Marín

215

29RosareasLaborÁngela Rivas IglesiasO Pereiro, 18

San Tomé de Piñeiro

36915 Marín

20200

31PedralongaLaborÁngela Rivas IglesiasO Pereiro, 18

San Tomé de Piñeiro

36915 Marín

521070

9602787