Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1996 pola que se anuncia a licitación da asistencia técnica para redacción do Plan Básico de Infraestructuras Hidráulicas de Ourense (clave OH.032.289/A.T.).

Orzamento: 58.252.880 ptas. (cincuenta e oito millóns duascentas cincuenta e dúas mil oitocentas oitenta pesetas).

1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Edificios administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº: (981) 54 45 51.

Telefax nº: (981) 54 45 29.

2. Categoría do servicio e descrición. Número de referencia da CCP.

Categoría 12. Número de referencia da CCP 867.

3. Lugar de execución.

Provincia de Ourense.

4. a), b), c) Cualificación profesional do persoal responsable.

É a indicada no apartado 4 do prego de prescricións técnicas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate.

Non existe posibilidade.

6. Variantes.

Os licitadores poderán introducir nas súas proposicións as modificacións que poidan facelas más convenientes para a realización do obxecto do contrato.

7. Prazo de execución do contrato.

12 meses.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Subdirección Xeral de Infraestructuras Hidráulicas. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España). Teléfono: (981) 54 45 51.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude: 20 de maio de 1996.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das plicas: acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura: sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, día 30 de maio de 1996, ás 10 horas.

10. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (1.165.058 ptas.).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata (2.330.115 ptas.).

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pago efectuarase por certificación mensual aprobada pola Dirección Xeral de Obras Públicas, obténdose a súa contía a partir da aplicación dos prezos unitarios ás unidades de obra realmente executadas.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría c.

17. Data de envío do anuncio.

29 de marzo de 1996.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

29 de marzo de 1996.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2951