Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.740

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (320/1995).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de cognición que se segue neste xulgado co número 320/1995 se dictou a sentencia,

cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de cognición seguido neste xulgado co número 320/1995, no que actuaron como demandante Banco Central Hispanoamericano, S.A., con domicilio en Madrid, representado polo procurador dos tribunais Ricardo García-Piccoli Atanes e asistido pola letrada Sonia Rodríguez Arroyo, e como demandada Cristina Rey Lojo, maior de idade e en paradoiro descoñecido, declarada en rebeldía.

Decido que, estimando a demanda, debo condenar e condeno a demandada a que lle pague á entidade demandante a suma de 106.779 ptas., mailos xuros legais da dita suma desde a interposición da demanda, con imposición de custas á demandada.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación por ante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado. Rubricado».

Para que conste e sirva de notificación á demandada rebelde Cristina Rey Lojo, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, sete de marzo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

2411