Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.721

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se publica a relación de coutos de pesca fluvial das augas continentais galegas e as súa normas básicas de funcionamento para a tempada de pesca de 1996.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG nº 50, do 11 de marzo de 1996, é necesario face-las seguintes correccións:

-No anexo I, no límite superior do couto de Sigüeiro (río Tambre), onde di: «Porto Chao», debe dicir: «2.000 m augas arriba de Ponte Carollo, á altura de Carolliño de Arriba».

-No anexo II, no l ímte inferior do couto das Nogais e no límite superior do couto de Becerreá (río Navia),

onde di: «Presa da central eléctrica de Horta (Becerreá)», debe dicir: «central eléctrica de Horta (Becerreá)».

-No anexo II, no límite superior do couto de Froirais (río Sarria), onde di: «Ponte de Veiga de Reiriz (Sarria)», debe dicir: «Ponte de Veiga de Reiriz (Samos)».

-No anexo IV, na lonxitude do couto de Ponte Liñares (río Liñares), onde di: «4», debe dicir: «5».

-No anexo IV, os datos de situación do couto de Lougares deben ser substituídos polos seguintes:

RíoCoutoLímite superiorLímite inferior

Tea e AlenLougaresPunta de Lourido no río Tea e Ponte Alén no río AlénPasos de Tatín

2872