Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.720

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/158-2. Libro de rexistro: 4.419 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95-Ourense, en solicitude de autorización para instalar R.B.T. en Vilaproi-Moreiras (Portomarín), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de rede aérea de baixa tensión a 20 kV, en conductor R.Z.-0,6/1 kV, de 150-95-50-25, sobre postes de formigón, cunha lonxitude de 1.242 metros, para mellora do servicio eléctrico en Vilaproi e Moreiras, no concello de Portomarín.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 16 de febreiro 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2549