Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 18 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Teresa I número 4763.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, dá a coñecer que Fernando Rodríguez Rodríguez presentou nesta delegación o 24 de xullo de 1995, instancia-solicitude do P.I. Teresa I nº 4763, de 15 cuadrículas meneiras, para recursos da sección C nos concellos da Mezquita, de Ourense e Pías, de Zamora.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 17º 1' 40''42º 3' 20''

Vértice 27º 0' 00''42º 3' 20''

Vértice 37º 0' 00''42º 3' 20''

Vértice 47º 1' 40''42º 2' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, agás mellor dereito, e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles nesta delegación provincial; pasado o prazo, non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 19 de marzo de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

96-2670