Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 22 de marzo de 1996, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes número OR-01161-O-95).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras

dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Ourense, 22 de marzo de 1996.

Xosé Inacio Palomanes Rodríguez

Xefe do Servicio Provincial de Transportes de Ourense

ANEXO

-Expediente: OUR-01161-O-95.

Matrícula: LE-8436-T.

Denunciante: G.C. tráfico 3201/34983946,

Denunciado: Real Lago, María del Carmen.

Último domicilio coñecido: La Calzada, 4, Ponteferrada, León.

Feito denunciado: realizar un transporte de mercadorías (material discográfico), desde Verín a Ourense, carecendo de autorización administrativa de transportes. Servicio privado.

Data, hora, estrada, p.k.: 3-8-1995, 16.50, N-525, 225.7.

Precepto infrinxido: artigo 142 B LOTT. Artigo 199 B, ROTT.

Precepto sancionador: artigo 143 LOTT. Artigo 201 ROTT.

Sanción imposta: 5.000 ptas.

96-2690