Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de marzo de 1996, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes número PO-00749-O-95 e tres máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que

se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial de Pontevedra, recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 11 de marzo de 1996.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

Imposta

PO-00749-O-95

VA-6756-O

G.C. Tráfico

Gómez Visa, Roberto

Calvo Sotelo, 3

Tordesillas (Valladolid)

Circular transportando productos da construcción, desde Pontevedra ata Cambados, carecendo da autorización de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

27-3-1995; 16.20; PO-300; 14,000

Art. 103 LOTT

Art. 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

PO-00952-O-95

PO-2514-AL

G.C. Tráfico

Distribuciones Pamar, S.L.

Ramón Nieto, 347

Vigo

36205 Pontevedra

Circular transportando productos de alimentación desde Mos ata O Porriño, carecendo da correspondente autorización de transporte. Carece de distintivos. Servicio privado.

25-4-1995; 18.40; N-550; 155,500

Art. 103 LOTT

Art. 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

PO-01045-O-95

PO-6159-AN

G.C. Tráfico

Ray Pazos, Pablo

Amoedo

Pazos de Borben

36841 Pontevedra

Transportando paquetería desde Vigo ata Silleda, carecendo da tarxeta de transportes. Servicio público.

5-5-1995; 10.20; N-550; 138,900

Art. 199 ROTT143 LOTT

201 ROTT

5.000

PO-01204-O-95

VA-2066-T

G.C. Tráfico

Electronics Motors Equip. Com.

Ibérica, S.A

Cromo Par R 17

Valladolid

47012 Valladolid

Efectuar un transporte privado complementario de ámbito nacional desde Vigo ata Santiago de Compostela-A Coruña, carecendo da tarxeta de transportes. Transporta paquetería diversa. Vehículo lixeiro.

24-5-1995; 13.45; A-9; 137,600

Art. 103 LOTT

Art. 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

96-2611