Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1996, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto N/AC/91.16 acondicionamento da estrada AC-431, treito: As Agrelas-Laxe.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Por resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 15 de febreiro de 1996 aprobouse o correspondete proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 93/1996, do 29 de febreiro, acordou declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos da expropiación para as mencionadas obras.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Cabana e Laxe, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do concello de Cabana de Bergantiños

DataHoraNúm. predios

6 de maio de 1996De 10 a 14Do 001 ó 060
7 de maio de 1996De 10 a 14Do 061 ó 135
8 de maio de 1996De 10 a 14Do 136 ó 210
9 de maio de 1996De 10 a 14Do 211 ó final

Casa do concello de Laxe

DataHoraNúm. predio

10 de maio de 1996De 10 a 14Do 001 ó final

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo ir acompañadas, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co obxecto de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luis Seoane, s/n-8ª planta, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 8 de abril de 1996.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas da Coruña

2882