Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95-Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. Lamabecerros-Batán (Páramo), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm A1, con postes de formigón, e cunha lonxitude de 1.038 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA. 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-95-25, cunha lonxitude de 306 metros,
para mellora do servicio eléctrico en Lamabecerros-Batán, no concello do Páramo.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 16 de febreiro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
96-2535