Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95-Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. e
R.B.T. en Cerceda-Cela (O Corgo), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm A1, en postes de formigón, e unha lonxitude de 1.785 metros. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, mm A1, cunha lonxitude de 1.380 metros, sobre postes de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Cerceda-Cela, no concello do Corgo.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 9 de febreiro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
96-2541