Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de mobiliario clínico para diversos centros de saúde (SCC: 9/1996).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: mobiliario clínico para diversos centros de saúde (SCC: 9/1996).

Orzamento: 11.640.200 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional: 232.804 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

II. Prazo de execución: 15 días desde a notificación, ata un prazo máximo de nove meses. As entregas adaptaranse ás datas de finalización das obras dos centros de saúde.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no artigo 16.1º A) e B) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

V. Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18.A), C) e D) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

VI. Criterios de adxudicación:

1.-Deseño, calidade, e condicións técnicas e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

2.-Prezo ofertado: ata 3 puntos.

3.-Prazo de entrega: ata 2 puntos.

VII. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

VIII. Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

IX. Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas C do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Lázaro, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural a contar desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

X. Documentación que aportarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XI. Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1996.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

96-2818