Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 12 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, relativo á práctica de notificación en expediente de imposición de servidumes de paso da instalación eléctrica. (Expediente 52763).

Por Decreto 229/1995, do 20 de xullo, outorgouse a declaración de urxente ocupación para imposición das servidumes de paso, sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 15/20 kV e centro de transformación en Nigrofe, no concello de Miño, seguíndose por esta delegación o proceso expropiatorio, de acordo co establecido na Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e no seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

En cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio lévase a efecto a práctica de notificación do titular do predio

que a continuación se describe, que resoltou descoñecido segundo consta no expediente:

Nº de predios: 1.

Lugar: 1 Campo da festa.

Titular e lindeiros: descoñecido.

Afeccións en voo: 12 ml. 72 m.

Norte: camiño.

Sur: Hros. Ramón Tenreiro Vázquez.

Leste: maís da mesma.

Oeste: camiño.

Cumprido o prazo deste anuncio, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, dirixiránselle ó ministerio fiscal as notificacións e dilixencias do proceso expropiatorio deste predio, de non comparecer no expediente o seu titular.

A Coruña, 12 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2587