Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican laudos arbitrais correspondentes ás demandas instruídas pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XA 84/1995 e dous máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós demandados cos datos e últimos enderezos coñecidos sinalados no anexo desta cédula, os laudos arbitrais dictados

pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, recaídos nos expedientes que se citan no mencionado anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interporen recurso de anulación diante da Audiencia Provincial da Coruña nun prazo máximo de dez días, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula e polas causas previstas na Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe, procedendo, se é o caso, á interposición do recurso de

revisión nos prazos e supostos previstos nos artigos 1796 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados de enderezos descoñecidos, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1996.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Reclamante

-Reclamado

-Último enderezo coñecido

-Feitos reclamación

-Data

-Contía reclamación

-Data vista xunta arbitral

-Lugar

-XA 84/1995

-Transportes Ochoa, S.A.

-Justo Amenedo Couto

(Reserva Natural, S.L.)

-Estrada Castilla, 117-3º Esq.

Ferrol (A Coruña)

-Non pagamento dos portes transporte debidos pola empresa reclamada.

-Abril 1995.

-350.591 ptas.

-28-XI-1995.

-Políg. As Fontiñas, Area Central.

Praza de Europa, 5-2º A

Santiago de Compostela

-Laudo estimatorio.

-XA 85/1995

-Transportes Ochoa, S.A.

-Justo Amenedo Couto

(Reserva Natural, S.L.)

-Estrada Castilla, 117-3º Esq.

Ferrol (A Coruña)

-Non pagamento dos portes transporte debidos pola empresa reclamada.

-Maio, xuño e xullo 1995.

-463.568 ptas.

-28-XI-1995.

-Políg. As Fontiñas, Area Central.

Praza de Europa, 5-2º A

Santiago de Compostela

-Laudo estimatorio.

-XA 99/1995

-Transportes Ochoa, S.A.

-Madisal Hornos Galicia, S.A.

-r/ Joaquín Planelles, s/n, EST.S.CIS

A Coruña

-Non pagamento dos portes transporte debidos pola empresa reclamada.

-Maio, xuño e xullo 1995.

-46.527 ptas.

-18-XII-1995.

-Políg. As Fontiñas, Area Central.

Praza de Europa, 5-2º A

Santiago de Compostela

-Laudo estimatorio.

96-2790