Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95-Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T., R.B.T en Ferreira-Quiroga, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, con postes de formigón, cunha lonxitude de 1.291 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/400-231 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-3x95, cunha lonxitude de 20 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Ferreira, concello de Quiroga.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 26 de febreiro 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
2524