Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95-Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. en Pobra do Brollón, Cereixa-A Pobra de Brollón, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, en postes de formigón, cunha lonxitude de 2.128 metros, para mellora do servicio eléctrico na Pobra de Brollón e Cereixa, no concello da Pobra de Brollón.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 15 de febreiro 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
2533