Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95-Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T., R.B.T en Gresulfe-Xestrar (Palas de Rei), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, con postes de formigón e unha lonxitude de 212 metros. Centro de transformación aéreo de 50 kVA 20.000/400-231 ±2,5% ±5% V. Rede
de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV 150-95-50-25, cunha lonxitude de 763 metros, para mellora do servicio eléctrico en Gresulfe e Xestrar, no concello de Palas de Rei.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 31 de xaneiro 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
2528